Quen
Somos
Gandería Casa do Xordo
A miña granxa gandeira, familiar e ecolóxica atópase asentada no xentil lugar da Cal, na parroquia do Maroxo (Concello de Arzúa). O seu nome O xordo de Maroxo foi herdado da vivenda da unidade familiar, composta dende sempre por amantes do rural aos que lles gusta valorar e que valoren o traballo, os animais, o entorno e en xeral os principios ecolóxicos.
A conversión a ecolóxico
Seguir os pasos de granxas ecolóxicas referentes foi todo un apoio durante a conversión. Esta modificación chegou acompañada de varios cambios, todos eles positivos.
Melloras nos animais mediante unha alimentación máis san e a estabulación libre.
Melloras nos prados mediante o emprego de abonos orgánicos como o xurro e o esterco que producen as nosas propias vacas.
Mellora na materia prima alcanzando un leite máis natural, máis san e máis nutritivo.