O noso
Leite
O meu obxectivo
Obter un leite dunha calidade extraordinaria e libre de calquera tipo de residuo químico. Todo isto sen deixar de valorar o máis relevante: as vacas e o propio entorno natural.
Leite de vacas felices
Dende que somos ecolóxicos a produción de leite diminuíu pero pola contra aumentou en calidade ao conseguir unha materia prima totalmente libre de residuos químicos.
A relaxación que o canto dos paxaros lle ocasiona ás vacas así como unha alimentación natural fan das miñas vacas unhas vacas felices e iso repercute no resultado final: un leite ecolóxico e de calidade.
Un prezo xusto para o leite
Se hai alguén que deba valorar as nosas iniciativas e en xeral o noso proxecto, somos nós mesmos. Dende a granxa ecolóxica O xordo de Maroxo fágoo diariamente co fin de transmitir ás futuras xeracións o meu orgullo. Pois nada pode satisfacer máis que ver como un negocio, e no meu caso unha tradición ancestral, se mantén viva de pais a fillos.
Para que isto siga a suceder, e non se perdan as boas costumes, o prezo do leite debe permitirnos vivir dignamente e ser xusto. Só así seguiremos enchendo o rural de sorrisos por moitísimos anos.
Fornecedores de leite para Casa Grande de Xanceda
Planificar a comercialización do leite ecolóxico non foi doado mais atopar con granxas como Casa Grande de Xanceda facilitoume o camiño.
Esta granxa ecolóxica, asentada no corazón de Mesía, recibe o leite das miñas vaquiñas dende o 2018 e na súa pequena fábrica transfórmao nuns produtos lácteos ecolóxicos, saudables e riquísimos.
Moi satisfactorio é coñecer granxas cuxos principios de traballo, respecto ao medio ambiente e ao benestar animal, coinciden cos meus. Só así Galicia seguirá medrando en calidade e iso merece o orgullo de tódolos galegos.
Produtos elaborados co leite
A especialidade de Casa Grande de Xanceda é a elaboración de iogures de primeira calidade cunha receita cuxos únicos ingredientes son o leite fresco ecolóxico e os fermentos lácteos. Non empregan leite en pó, nin natas, nin conservantes, nin colorantes… e iso apréciase ben no resultado final, ummmm!
Ademais elaboran outros produtos igual de ricos e sans como o queixo peregrino, o queixo cremoso, a manteiga, as bolsiñas de iogur para levar e os xeados, entre os máis destacados. Todos eles libres libres de aditivos, é dicir, ¡0% arghs!
Podes consultar o seu catálogo de produtos nesta ligazón.