As nosas
Vacas
As miñas vacas, As miñas raíñas
A miña práctica agraria respectuosa co medio ambiente e co benestar animal leva ás 72 vacas a vivir como raíñas e non hai nada que me faga sentir máis orgulloso. Elas gozan dunha boa saúde e son felices desenvolvendo as súas funcións vitais en espazos abertos.
Ademais tampouco escatimo en coidados co noso semental, que se encarga das funcións reprodutivas da granxa axudando a aumentar a fertilidade e o índice de concepción na granxa.
Vacas libres, Vacas felices
Na granxa conto con un amplo abano de razas. Non só teño frisonas senón que tamén apostei polas jersey, a montbelier e incluso a fleckvieh. E iso, faime diferente!
Todas elas pasan o día pastoreando ao aire libre aumentando así a súa relaxación e calidade de vida.
Á noite nas épocas máis frías (de novembro a abril) son recollidas para o establo onde descansan ao abrigo evitando deste xeito un deterioro do pasto polo exceso de humidade.
Pola contra, nas noites máis cálidas (de maio a outubro)poden soñar placidamente baixo a luz da lúa.